19 Ene 2008

Isaac Diaz Pardo. Biografía

Escrito por: chasin el 19 Ene 2008 - URL Permanente

Biografía de Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo nació en 1920 en la Casa da Tumbona de la compostelana Rúa das Hortas. Frecuentó desde muy niño el taller de su padre, Camilo Díaz Baliño, escenógrafo, pintor y cartelista, en el que se celebraban reuniones muy en la órbita de las Irmandades da Fala, de las que el padre de Isaac era un activo miembro.

Los sucesos de la Guerra Civil española acabaron con la vida de Díaz Baliño, justo cuando Isaac cursaba los estudios de bachillerato y proyectaba acceder a la Escuela de Arquitectura. Sin embargo, la realidad de aquellos sucesos lo llevaron en un primer momento a tener que esconderse en casa de su tío Indalecio para salvar su vida y, después, a trabajar como rotulista en una industria coruñesa de pintura industrial.

Terminada la guerra, Isaac ingresó en la Escuela de Bellas Artes de San Fernando y en 1941 participó en la primera experiencia que se hacía en España sobre diseño industrial, dirigida por Sainz de Tejada y en la que participaban cinco alumnos de Arquitectura y otros cinco de San Fernando. Acabados los estudios de Bellas Artes, en 1942 la obtención de la beca Conde de Cartagena le permitió realizar un viaje de estudios y mostrar su talento artístico en Roma, Florencia y Siena. Poco después cubrió una plaza de profesor auxiliar de Dibujo en la Escuela Superior de Bellas Artes de San Jordi de Barcelona y realizó diversas exposiciones en Madrid, Barcelona, Londres, Vigo, Buenos Aires...

En 1948 abandonó la dedicación a las artes plásticas y comenzó su obra de ceramista montando una planta industrial en O Castro de Samoedo, cerca de Sada, en la que, ensayando materias primas utilizadas en el antiguo Sargadelos, produjo una porcelana de muy buena calidad.

En el año 1955 viajó por primera vez a Argentina, donde inició otra experiencia industrial de cerámica, la de La Magdalena, a 108 km de Buenos Aires, y donde, con Luís Seoane y el apoyo de los intelectuales gallegos allí exiliados, constituyó el Laboratorio de Formas y proyectó la creación de una serie de empresas recuperadoras de la memoria histórica de Galicia, que luego se convertirían en realidad, como la restauración del complejo de Sargadelos y su Seminario de Investigación, el Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, Seminario de Estudos Galegos, Laboratorio de Industria e Comunicación, Instituto Galego de Información...

Díaz Pardo también cultivó el ensayo y la crítica, producción entre la que habría que destacar los libros: Xente do meu rueiro, Buenos Aires 1954, Midas. O ángulo de pedra, Buenos Aires; El ceramista Arranz y su escuela, A coruña, 1960; Galicia Hoy, en colaboración con Luís Seoane, París, 1965; Paco Pixiñas, en colaboración con Celso Emilio Ferreiro, cartel de cego, A Coruña, 1970; A Nave espacial, cartel de cego, A Coruña, 1970; El Marqués de Sargadelos, cartel de cego, A Coruña, 1970; Castelao, cartel de cego, A Coruña, 1985; Galicia hoy y el resto del mundo, A Coruña, 1987, además de diversos trabajos periodísticos, principalmente de historia contemporánea.

Por tan dilatada trayectoria recibió muchas distinciones y reconocimientos, entre los que, a modo de selección, se pueden escoger: Pedrón de Ouro (1976), Medalla de Oro e Hijo Predilecto de la ciudad de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo de las Diputaciones Provinciales (1990), Insignia de Oro (1991) y Doctor Honoris Causa (1992) por la Universidad de Santiago de Compostela, Premio Trasalba de la Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Plata del Patronato de la Cultura Gallega de Montevideo (1995), etc, etc.

Compartir

  • Eskup
  • Tuenti
  • Meneame
  • Bitacoras
  • iGoogle
  • My Yahoo
  • My Live

Isaac Diaz Pardo. Biografía.

Escrito por: chasin el 19 Ene 2008 - URL Permanente

Biografía de Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo naceu en 1920 na casa da Tumbona da compostelá Rúa das Hortas. Frecuentou desde moi neno o taller do seu pai, Camilo Díaz Baliño, escenógrafo, pintor, e cartelista, no que se celebraban reunións moi na órbita das Irmandades da Fala, das que o pai de Isaac era membro activo.

DiazPardo
Con 6 anos na casa da Tumbona.

DiazPardo
Con Antón Fraguas e Fraguas polas rúas de Santiago en 1988.

DiazPardo
En Magdalena en 1963.
.

Os sucesos da guerra civil española acabaron coa vida de Díaz Baliño, xusto cando Isaac cursaba os estudios de bacharelato e proxectaba acceder á Escola de Arquitectura. Sen embargo, a realidade daqueles sucesos levárano nun primeiro momento a ter que agacharse na casa do seu tío Indalecio para salvar a vida e, despois, a traballar como rotulista nunha industria coruñesa de pintura industrial.

Terminada a guerra, Isaac ingresou na Escola de Belas Artes de San Fernando e en 1941 participou na primeira experiencia que se facía en España sobre deseño industrial, dirixida por Sainz de Tejada e na que participaban cinco alumnos de Arquitectura e outros cinco de San Fernando. Rematados os estudios de Belas Artes, en 1942 a obtención da beca Conde de Cartagena permitiulle realizar unha viaxe de estudios e mostrar o seu talento artístico en Roma, Florencia e Siena. Pouco despois cubriu unha praza de profesor auxiliar de Debuxo na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona e realizou diversas exposicións en Madrid, Barcelona, Londres, Vigo, Bos Aires...

No 1948 abandonou a dedicación ás artes plásticas e comezou a súa obra de ceramista montando unha planta industrial no Castro de Samoedo, preto de Sada, na que, ensaiando materias primas utilizadas no antigo Sargadelos, produciu unha porcelana de moi boa calidade.

DiazPardo
Con Laxeiro e Luis Seoane en Bos Aires en 1955.
.

No ano 1955 viaxou por primeira vez a Arxentina, onde iniciou outra experiencia industrial de cerámica, a da Magdalena, a 108 kms. de Bos Aires, e onde con Luís Seoane e o apoio dos intelectuais galegos alí exiliados, constituíu o Laboratorio de Formas, que proxectou a creación dunha serie de empresas recuperadoras da memoria histórica de Galicia, convertidas logo en realidade, como a restauración do complexo de Sargadelos e o seu Seminario de investigación, o Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, Seminario de Estudos Galegos, Laboratorio de Industria e Comunicación, Instituto Galego de Información...

Díaz Pardo tamén cultivou o ensaio e a crítica, producción entre a que habería que subliñar os libros: Xente do meu Rueiro, Bos Aires, 1954; Midas. O ángulo de pedra, Bos Aires, 1956; El ceramista Arranz y su escuela, A Coruña, 1960; Galicia Hoy, en colaboración con Luís Seoane, París, 1965; Paco Pixiñas, en colaboración con Celso Emilio Ferreiro, cartel de cego, A Coruña, 1970; A Nave Espacial, cartel de cego, A Coruña, 1970; El Marqués de Sargadelos, cartel de cego, A Coruña, 1970; Castelao, cartel de cego, A Coruña, 1985; Galicia hoy y el resto del mundo, A Coruña, 1987, ademais de diversos traballos xornalísticos, principalmente de historia contemporánea.

Por tan dilatada traxectoria recibiu moitas distincións e recoñecementos, entre os que destacan: o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), o Premio Otero Pedrayo das Deputacións Provinciais (1990), a Insignia de Ouro (1991), o Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), a Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995), o Premio Jiménez de Asúa de Derechos y Libertades (1999), o XLI Premio Fernández Latorre (1999), o Premio Arquitecto Honorífico polo Colexio de Arquitectos de Galicia (2001), o Premio Ramón Piñeiro de Láncara (2002) ou o Premio das Letras e das Artes de Galicia (2003).

Compartir

  • Eskup
  • Tuenti
  • Meneame
  • Bitacoras
  • iGoogle
  • My Yahoo
  • My Live