28 May 2008
O Inega asinará un convenio co Instituto pedagóxico "Enrique José Varona" para potenciar a enerxía renovable no sistema educativo cubano

O director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Juan José Álvarez Carril, mantivo unha xuntanza coa directora de Relacións Internacionais do Ministerio de Educación cubano, Olga Reyes. Juan Álvarez afirmou que "dende o Goberno galego tentaremos contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico e a fiabilidade dos sistemas que xestionan as ferramentas e contidos educativos que se deseñan no laboratorio pedagóxico do Ministerio”.
Neste sentido, o director do Inega afirmou que proximamente se asinará un convenio de colaboración entre ambas entidades con este fin.
O director do INEGA asiste estes días ao Simposio Internacional GEA 2008 que se está a celebrar na histórica "ciudad Libertad" de la Habana, na que participan máis de trescentos técnicos e especialistas en enerxía e medio ambiente de diferentes zonas do Estado español e cubano.
Este proxecto educacional participativo comezou no ano 1995 e ten por obxecto asegurar a formación de profesionais e estudantes, a través da realización de talleres prácticos, conferencias e intercambios científicos en comisións.
Álvarez Carril, impartirá unha conferencia centrada no sector enerxético galego na que salientará as principais liñas de traballo e política enerxética deseñadas pola Consellería de Innovación e Industria e os proxectos nos que está a participar o Instituto Enerxético de Galicia.
FUENTE: Agencia Gallega de Noticias (AGN)


Escribe tu comentario