04 Ene 2008

Dous galegos de campaña

Escrito por: horasur el 04 Ene 2008 - URL Permanente

Dous galegos de campaña (Fidel Martín - compostelasolidaria.blogspot.com)

Como non podía ser de outra maneira, o primeiro post do 2008 ten un carácter de precampaña. Nestes dias andan dous galegos facendo campaña, e un deles non é Rajoy. Me refiro ao Ministro de Cultura e a un señor purpurado chamado Rouco Varela. Hai uns días que o Ministro de Cultura (que encabezará as listas do PSdG por A Coruña) estivo por Santiago de visita na Biblioteca Pública que en vindeiros meses se inaugurará, do que máis se fala non é obxectivamente da visita senón do desplante que fixo a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo (BNG) ao ministro. Esta "brillante" conselleira alega que non acudiu ao acto porque era un acto electoralista
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Bugallo/califica/electoral/visita/ministro/Molina/elpepuespgal/20080104elpgal_4/Tes

Curioso, a visita dun ministro é electoralista pero a carne ao caldeiro e a empanada, tan criticada cando a facía o PP agora cando o fai Vicepresidencia (BNG) non é compra de votos é "asistencia aos nosos maiores". Para a saúde do bipartito non é unha boa noticia que esta Conselleira tivese outra das súas acostumadas arroutadas, pero é peor noticia para o BNG xa que deixa en evidencia a incapacidade desta persoa para desenvolver cargos públicos. Cando se chega a un goberno se debe gobernar para todos non soamente para os teus. Cultura en Galicia é algo máis que unha selección galega de futbol ou volcarse durante dous anos en Pontevedra para tentar conservar a alcaldía. Pero de política cultural casi estamos peor que antes. O máis beneficiado, Cesar Antonio Molina, o BNG lle está facendo a campaña cos desplantes de Ánxela Bugallo.

Non me esquenzo do outro galego, o señor Rouco Varela. Antes de estar en Madrid, durante moitos anos foi arzobispo de compostela. A moitos non nos extraña a súa postura, sempre foi así. Agora que vendo que a postura da iglesia é a que é, sería convinte que o goberno socialista, saído das urnas en marzo comence a replantearse algunhas cousas sobre as relación iglesia-estado. Hasta para a un tercer galego, Paco Vázquez escócelle esta couce do clero
http://www.elpais.com/articulo/espana/marcha/Iglesia/elpepunac/20080104elpepinac_3/Tes
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/01/04/0003_6450828.htm

(fuente: http://compostelasolidaria.blogspot.com/2008/01/dous-galegos-de-campaa.html)

Escribe tu comentario


Si prefieres firmar con tu avatar, haz login
Inserta un emoticono

Sobre este blog

Avatar de horasur

HoraSur

horasur@yahoo.com
(con moderación
de comentarios)

Basilio Pozo-Durán

Soy un chico de 23 años.
Vivo en Antequera
(Andalucía, Estado Español).
Estudio Filología Hispánica.
Me gusta escribir, la literatura,
la música (flamenco y cantautores),
el cine (español y latino), el teatro.
Soy anticapitalista, ateo
y me considero solidario y concienciado,
parte de un todo.
Mi compromiso eres tú.

ver perfil »

noticias actualizadas