09 May 2008
Nasce um partido nacionalista de direitas na Galiza? Ou é um PP-galeguizado?
Terra Galega e Partido Galeguista ultiman a súa converxencia electoral
Os traballos céntranse en decidir os nomes dos responsábeis provinciais. Mentres, xa se barallan nomes como Coalición por Galicia ou Converxencia Galeguista.
O último paso antes da presentación pública do proxecto pode ser o congreso de Terra Galega, que se celebrará o vindeiro 14 de xuño. A formación que lidera o ex conselleiro Pablo Padín e o alcalde de Narón, Xoán Gato, deberá referendar a decisión da dirección de acudir coaligados co Partido Galeguista.
O nome co que se concorra aos comicios vai ser case o último punto que se decida. Porén, xa se barallan algunhas fórmulas como Coalición por Galicia, Coalición Galeguista ou Converxencia Galeguista
Coa ollada posta en CiU
Os dirixentes consultados por este xornal coinciden en que o modelo que se busca imitar é o de Convergencia i Unió (CiU), dúas formacións autónomas pero con vontade de permanecer no tempo como socios electorais: “Isto non é unha coalición coxuntural, se fose así non pagaría a pena tanto esforzo”, sinala unha das persoas que forma parte da negociación. A formación resultante, segundo os seus promotores, ocuparía o espazo ideolóxico do centro nacionalista: “Isto é algo que temos claro. Non somos separatistas pero tampouco se nos pode definir como autonomistas”.
Rabuñar votos a un PPdeG en caída
En TeGa e no PG consideran que nas vindeiras eleccións autonómicas se poden dar as condicións idóneas para dar o salto ao Parlamento. Aínda que confesan que é difícil alterar unha Cámara tripartita, coidan que nesta ocasión hai novos elementos para a esperanza, o principal unha posíbel perda de votos do PPdeG “pola súa póla máis autonomista”. Segundo esta tese, “o lóxico é que estes votos pasen por nós e non que vaian directamente cara o BNG ou o PSdeG”.
Os centristas amárranse aos resultados dos últimos comicios municipais para alimentar a esperanza de colocar algún representante no Pazo do Hórreo. Nesas eleccións sumaron entre as dúas forzas preto de 54 mil votos (3,7% dos votos emitidos). Os máis optimistas consideran que unha boa campaña pode dar como froito tres escanos (A Coruña, Lugo e Pontevedra). Porén, os máis realistas confesan que o simple feito de obter un deputado serviría para asentar unha opción aínda fébel orgánica e territorialmente.
Novas relacionadas
Comentarios (29)
Estes señores parten dunha premisa errada. Se se queren semellar a CiU poden entrar directamente no BNG. Que diferencia hai ideoloxicamente entre un PNG e unha Convergéncia Democrática de Catalunya? Ademais, superar o 5% necesario para entrar no Parlamento semella unha misión imposible, a menos que se teña un importante apoio empresarial para saír en todos os sitios. Ademais, Coalición Galega non fora o soño dunha noite de verán en Ourense?
Non creo que o BNG sexa homologable con CiU. O Bloque está a facer políticas de esquerda dende a Xunta, sobre todo en benestar, igualdade, en vivenda, no agro...Claro que a min tamén me gustaría un BNG máis soberanista e máis de esquerda. Aínda así, creo que o nacionalismo está a traballar polo país (tamén nas institucións) e creo que isto se vai notar máis en dous ou tres anos.
No que respecta aos señores de Terra Galega e Partido Galeguista só lles diría que non dubido que pode haber militantes con sentimentos galeguistas (incluso algún podería ser case nacionalista), mais a realidade tamén nos di que estas dúas candidaturas serviron de acoubillo para xente de todas as pelaxes, algúns incluso, como Carlos Marcos, que se negaban a dicir unha palabra en galego. Sinceramente, a ese teórico centro galeguista quédalle moito que purgar e renovar.
Un dos problemas que teñen, lourentia, e que se purgan e renovan moito quedan na coalición catro gatos (Xoan e outros tres). En canto aos posíbeis apoios empresariais dos que falaba Aldara, o "galeguista" Carlos Marcos empapelou A Coruña de arriba a abaixo nas últimas municipais, e estaba tódolos días na radio e nos cines, a aínda así de pouco ou nada lle serviu
Aquí o único que ten que temer é o PP...diante deste pacto de caciquiños. Xa teran un sitio onde aterrar os abandonados polo españolismo - centralismo - madrileñismo de Feijoo...
Som regionalistas ou nacionalistas? Se o último, estám informados que todos os movementos nacionalistas que no mundo hai defendem, polo mesmo facto de se-lo, o direito das suas naçons a acadar a autodeterminaçom? Mesmo a CiU tam referenciada. Serám consequentes?
Com todos os respeitos. Quem escreve um artigo debería saber do qué está escrebendo. Nas eleccións autonómicas é impossibel conseguir só um escano polas circuncricions da Corunha ou Pontevedra. Já que co 5% necesarío para acadar representazóm o número de deputados conseguidos já seríam um mínimo de dous. Aliás a barreira do 5% está estabelecida, como nom podería ser de outro modo a nível de circinscrizóm, polo que, se conseguisem superala só na provincia da Corunha (cousa mais que provabel), teríam garantidos 2 deputados.
Por outra banda, nom se me alcanza a comprender a vantagem que pode reportar para TERRA GALEGA essa coalizóm. Já que a verdadeira garantía que tenhem de lograr representazóm é a súa fortaleza na provincia da Corunha e aí o PG nom penso que lhes possa ajudar moito, mais bem todo o contrário. E no resto da Galiza, pode que tamém lhes convenha mais acudir em solitário.
A única explicazóm de uma coalizóm é para que o PG nom se apresente pola súa banda e acabe restando votos.
Mais a pergunta do milhóm é: O PG resta mais votos por fora ou por dentro??????
Por que a estas alturas ninguém sabe se o PG já tomou o purgante que qualquer galeno tería recetado fai tempo.
Sería un PP bis, onde se refuxiaren algúns alcaldes neste ciclo baixo dos conservadores. Xa houbo outros experimentos e fracasaron, mais todo o que sexa dividir o voto pepeiro, benvido sexa.
Bom, eu acho que este "tinglado" só pode perjudicar ao PP... Passa o mesmo com o "tinglado" da "falangista" Rosa Diez, com esse discurso a quem lhe pode tirar votos? Ao PP, óbviamente. É pois o porquê tanto medo no nacionalismo a estes inventos? Tranqüilos, é um "invento" que só pode ser para atarragens PePeros!!
Concordo con Corisco, coido que o mellor sería que se presentara Terra Galega en solitario, pero o máis factible e que se aliaran para que o P.G. non lle reste votos.
Do que se dicía do PNG e que o Bloque ten de todo... non sexas cínica o PNG está marxinado no BNG por non seren de esquerdas, de feito o PNG foi a parte máis nacionalista de Coalición Galega que se escindiu e logo se integrou no Bloque. É a forza con menos pose no BNG.
Se Carlos Marcos non se integrou en Terra Galega habería que darlle unha marxe de confianza a esta coalición, que é boa para o país porque se non eiquí non se vai aprobar un estatuto de nación na vida, porque esquencédevos do PSdeG.
E preciso que o abano nacionalista teña esquerda e dereita, senon queda collo, pero aínda que pareza mentira véxolle máis medo aos votantes nacionalistas de esquerdas, no caso de que Terra Galega acade parlamentarios, que os do PP. Eu creo que lle pode restar votos a calqueira, pero sí en grande medida o PP. Este país é de dereitas, non o esquezades sen un nacionalismo de dereitas isto non ten futuro, aínda que eu menifesto certos receios con ista coalición.
Gustaríame que me citaran a ex edis do PP que esten en Terra Galega, eses que falan tanto, porque coido que non hai ningún, aínda que non me extrañaría.
E por certo, dubido que non se poda acadar un so parlamentario aínda ca nova lei electoral vixente.
Señor CORISCO, está vostede moi equivocado e non se entera: claro que é posible que unha forza consiga un deputado pola Coruña ou Pontevedra. Para lograr dous deputados como vostede di nestas circusncricións habería que ter alomenos un 7% no caso da primeira e un 9 no da segundo. E logo, como vostede saberá aínda hai que ter en conta numerosas variables como o resultado dos demais.
Aínda así, poden estar tranquilos pq non se vai dar o caso de sacar nin tres nin un.
Coido que o futuro nos deparará a posbilidade de contar cunha forza nacionalista de centro, de perfil liberal, que debería estar integrada por TEGA, PG e PNG, pero hoxe por hoxe, a única alternativa viable do nacionalismo, pasa pola unidade de acción nun BNG, todo sea dito, cada vez máis centrado.
Aqui o importante é que todo cristo quere subirse ao carro dos que mandan.Mais sabendo que eso supon carto facil, poder, inmunidade, corpo descansado e ben alimentado etc...
O poder é un oso que ten moitos cans na volta. Estes cans xa parecen mais ben lobos.
Todos os politicos son iguais (dito popular)
Como se diría no idioma no que os seus dirixentes falan: "TODO POR LA PASTA"
Que se poñan as pilas os do bng. Andan moi confiados pensando que so eles representan opcións nacionalistas pero dado o descontento que reina entre as suas bases mais soberanistas e a necesidade que esta vendo o capital galego de contar cunha marca autonomista non seria de estranar que lle comera un ou dous deputados ao bng.
Leva razón breixoak, si que se pode sacar un só escano nas autonómicas. A barreira do 5% é para entrar no reparto de escanos. Despois os resultados dos partidos que superan o 5% divídense por 1,2, 3... até o núlero de escanos en xogo por provincia. Os cocientes máis altos levan os escanos así que se pode sacar todos, a metade, un ou nigún. A porcentaxe só conta para entrar no reparto, non durante o mesmo.
Con respecto ao novo partido pode estar ben ver a quen lle quitan votos estes caciquillos. Eu non me atrevería a apostar pero en principio semella que podería ser ao PP, e uns miles de votos menos para o PP sempre é positivo ao meu entender.
#12
Xa está ben de calumniar!!!!!!!!!
O lobo (e o can) é un animal noble, que dista moito desta banda de mutantes.
Vale, vale, reconhezo que errei. A cuestióm é que na Corunha quem pase a bareira do 5% está já moi perto de acadar os dous deputados, mentres que em Lugo ou Ourense aínda pasandoa pode que nom che toque nenhum.
O principal do agromar de um centro nacionalista vai ser que, se calhar, as maiorías absolutas por um bom tempo, pasarao á história, tanto a nível autonómico como municipal e isso só pode dar benefícios. Mais reparto de representazóm = menos cacicadas.
Porque cacique pode ser qualquer um.
Disse o "anti-lusista" que um projecto fica "collo" sem esquerda ou direita...O mesminho que a língua, fica "colla" se não se usar a sua verdadeira ortografia. O galego com ortografia castelhana é-che uma caralhada, meu amigo!!
veña anti-lusista, tráballe!!!
veña Galezio, mételle o dente!!!
Non me vexo votando por ningún destes partidos, pero teño que recoñecer que o de Terra Galega é un nome ben bonito
"Disse o "anti-lusista" que um projecto fica "collo" sem esquerda ou direita...O mesminho que a língua, fica "colla" se não se usar a sua verdadeira ortografia. O galego com ortografia castelhana é-che uma caralhada, meu amigo!!"
Non me digas? mira porque estiverades na asemblea de Portugal que no se vos quente a cachola.
amigo anti_Lusista, a ver si te enteras: "COXO, home, coxo", si o que queres dicir e que anda mal dunha pata...
O de "collo" e sospeitoso nun 100% de unha traduccion pouco afortunada de unha persoa que fala galego dende hai catro dias...
perdoa pola correccion e procura falar galego mais a menudo, home.
"Mais a menudo" está mal, é "máis a miúdo" ou mellor "máis a cotío". Que mal quedan os indignados correctores que incurren en incorreccións.
A min que esta xente o fai todo polo poder...
A onde van os tirados dos resto de patidos por corroptos (coma principe e o exalcalde de porriño) e os represaliados do PP por sentirense "galeguistas", ¿e que agora sonche nacionalistas?....
Isto soname a unha vella canción que xa alá polos 80 cantaban Fuxan os Ventos.....
Coido Bedro que xa te contestou Albert. Na miña zona case sempre se dixo collo máis que coxo, e isa é a razon pola que utilizo collo aínda que non é a opción oficial. Ao igual que en certas partes da costa din "conexo" e eiquí sempre se dixo coello.
Se estes tipos andan polo choio da pasta, non me parecería nada raro, pero como se dixo aí arriba os políticos eche o que teñen, os hai mais e menos corruptos pero ningún decente.
Andan con peles de ovella
cantando falsas gabanzas
os lobos de anos pasados baixan na noite calada.
Mala morte non me mate!
veñen con Autonomía, comerciada por caciques,
maldita falla facía.
E, algunhes deles andaban
trasquiando galeguistas
pra non perderen a manda
fixéronse autonomistas.
E, ás veces, falan galego,
e presumen de labradores
a perdición de Galicia
está en maus deses señores!
...Para o que non conheza o tema anteriormente citado de Fuxan os Ventos, que nin pintada... Alavemos.
Bon, o PP pode temer que este enxendro trabe nos seus caladoiros de votos mais o PP aínda ten forza política abondo en concellos e deputacións.
O enxendro tentou atrapar en localidades que, curiosamente, tiñan que aprobar o Plan Xeral de Urbanismo coa intención nada agochada de ser chave entre PSOE, BNG ou PP. Presten atención ao caso de Marín.
Pero o enxendro do que falamos tamén ten posibilidades de trabar entre os votantes do BNG. Talvez non hoxe pero non tardarán moito ou, o que resultaría aínda peor para o BNG e sobre todo para Kim, que divida o voto nacionata en localidades importantes ou chave en elecións.
En calquer caso, non convén estar tan "sobraos" no mundo nacionalista porque o BNG perde votos (lembrade Pontevedra) ou fica igual.
Bom, eu acho que o nome o esclarece tudo, não é?: "anti_lusista".
Eu não sou anti-nada e menos anti galego entendendo por galego o "galeguiño" que alguns escrevem... Óbviamente o de "collo" será uma gralha de imprensa? Eu sou o primeiro que troco os dedos...
Bom, o dito, todos somos necesários, mas se se escreve mal àdrede para deturpar o galego e deixá-lo sem qualquer valor, então é grave. Em fim, eu não vou gastar mais "tinta" com estes gajos!!
http://lacomunidad.elpais.com/...
Novo comentario
!-->!-->!-->
Sobre este blog
Galego é Português
Ricardo Windsor AveiroSou Ricardo Windsor Aveiro, ainda que nasci no Brasil criei-me na Galiza após os dez anos... Pelo que já falava a língua de Camões e Rosalia de Castro com sutaque brasileiro quando cheguei à terra de Castelão... Não sou nacionalista nem galego nem espanhol, sou cidadão do mundo, mas do mundo livre. Gosto da liberdade dos indivíduos e dos povos. Os que não concordem com isto, obrigado, mas nada "pintam" lendo este blog. Rejeito profundamente o terrorismo e qualquer jeito de violência.
Paris, 14-9-07
Às 14,36h.
Últimos Comentarios
- Para quem poder interessar... Instituto Camões Virtual. 2 comentarios sherezade Sherezade
- Alguém sabe deles? 2 comentarios Ricardo Pedro Taboada
- A cruzada do PP contra do galego terá resposta nas próximas eleições galegas... 1 comentario YoGroucho
- Ganhou o sentido comum e perdeu a brutalidade e a mentira!! 1 comentario Luis de Cairo
- Condeno, condeno e condeno... 3 comentarios papillon papillon Tomás
Enlaces
Amigos
Ídolos
Buscar
Suscríbete
Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):


Escribe tu comentario