12 May 2008
Federación Gallega de Teatro Aficionado (FEGATEA)
A FEGATEA, creada por sete grupos de teatro (Asociación de Mulleres de Moaña, Atrezo, Aurín, Ditea, Escoitade, Metátese e O Trasno), foi asentándose de vagar, consolidando un labor e unha presenza entre as administracións e nos foros de expresión, de información e de debate que a fixeron experimentar unha progresión sen parangón entre as federacións que compoñen a CETA (Confederación Española de Teatro Amateur), da que é unha das súas asociadas máis activas como ben quedou demostrado na organización do ENCONTRO ESTATAL DE TEATRO AFECCIONADO celebrado en Narón en Novembro de 2005.
Desde a Federación trabállase na consecución das que son agora mesmo algunhas das tarefas máis urxentes nese camiño de normalización e asentamento do teatro amador: un circuíto de exhibición estábel, a creación de novos festivais en diferentes cidades e vilas, a programación de cursos de formación e a organización de xornadas e congresos que propicien a toma de acordos e a cooperación entre os diferentes sectores sociais, así como o estabelecemento de nexos de unión co teatro escolar, universitario e profesional de Galicia..
Froito destes esforzos póñense a andar CURSOS DE TEATRO (interpretación, maquillaxe, iluminación...) no que os asociados teñen unha acollida preferencial. A FEGATEA promove cada mes de decembro FEGATEA MÓVETE, un ciclo de teatro que se celebra simultaneamente en tres concellos de tres provincias, no que participan os seus grupos federados. Desde decembro de 2006, coincidindo coa celebración do Festival Magán, celébranse en Compostela as XORNADAS DE TEATRO AFECCIONADO da FEGATEA, cita ineludíbel dos amadores do teatro para debater con calma sobre os nosos asuntos. Desde 2007, froito das súas xestións coa Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e do estabelecemento conxunto dun completo e fiábel catálogo de compañías e asociacións, están en marcha unha serie de mostras e ciclos teatrais que procuran dar visibilidade a todas as actividades escénicas de carácter amador que se fan no nosos país e que, xunto coas que existían anteriormente, contan cun apoio decidido da Dirección Xeral e están chamadas a constituír un verdadeiro CIRCUÍTO ESTÁBEL de exhibición.
Son estas e outras moitas por realizar as motivacións que nos moven a seguir medrando para dar cabida a todo o teatro afeccionado galego que teña a necesidade de defender conxuntamente os seus dereitos, reivindicar as súas aspiracións e participar decididamente na construción do seu futuro.
Información de contacto:
Últimos Comentarios
- TRASTOS TEATRO de Villar de Olalla, Cuenca - ESPAÑA; informa: 1 comentario minijuegos
- Reflexiones sobre el teatro aficionado (y 4) 1 comentario fakearte
- La SGAE y el teatro aficionado 20 comentarios emenavarro Anónimo fakearte malucho Aristo
- ¿Qué es para mí el teatro? 3 comentarios TERESA ROSADO RAMIREZ ANGEL DE JESUS Anónimo
- ¿Cómo tratan los Ayuntamientos al Teatro Aficionado? 1 comentario Anónimo
Tags
Categorías
Buscar
Suscríbete
Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):



Escribe tu comentario